lunes, 26 de enero de 2015




Comeza hoxe luns 26 de xaneiro a X edición do Concurso Odisea no que participan 4 equipos do Camballón:


OLLO DE SAURON
CALIPSO
BASILISCO
ILUSSIA


Moita sorte aos 4!!!

Da Organización do concurso envíannos o seguinte escrito:

Χαίρετε, ναῦται. VALETE, NAUTAE!

Hoxe comeza a vosa singradura. Sen que teñades que descender ao Hades para consultar a Tiresias podémosvos adiantar algúns consellos.
Durante tres días o apacible Euro guiaravos por augas en calma. Gozade, sen abafos de tempo, coas preguntas que se vos propoñan e asegurade as respostas, pero,  coidado! FESTINATE LENTE, σπεύδετε βράδεως!
O xoves verédesvos azoutados por Bóreas implacable e teredes que afrontar terribles momentos de desfalecemento ante as esquivas pistas do "preguntón" que, semellantes a Escila e Caribdis, axitarán o vinoso ponto para que se decanten os mellores. Sede prudentes como o paciente Odiseo, CAVETE, προσέχετε σαυτοῖς!
Os organizadores e organizadoras deste concurso desexámosvos moito éxito:
ἀγαθῇ τύχῃ, FORTUNAM SECUNDAM VOBIS!

Saúdos.

A organización do concurso.

Aproveitamos esta entrada para comunicarvos que o xoves 29 e coincidindo co Preguntón, celebraremos na Biblioteca de 11:30 a 11:55 unha festa grecolatina á que estades tod@s invitad@s. Haberá música, imaxes de Grecia e Roma, algo de comer e ...sorpresas!!! 
Non faltedes!

domingo, 25 de enero de 2015

Grecia está de actualidade. Déixovos un par de enlaces para que poidades coñecer a situación actual do país onde naceu a Democracia así como ver imaxes de Grecia, oír falar en grego moderno e escoitar a unha morea de gregos expresándose nun perfecto castelán:

Programa El Obletivo. Domingo 18 de xaneiro. La Sexta TV

Hoy por Hoy. Cadena SER  Venres 23 de xaneiro.

martes, 20 de enero de 2015

Como facer unha túnica

Aquí tedes un titorial para facer unha túnica sen ter que dar nin unha puntada!


 

viernes, 16 de enero de 2015

A vestirse de roman@s!!!

Para que vaiades facendo o voso disfraz:


Lírica grega arcaica

Aquí tedes unha excelente presentación da lírica grega arcaica realizada por Alfredo Conde: